Presentación

FEAFES Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro constituída en 1995 para actuar como representante dos dereitos e necesidades do movemento asociativo das persoas con enfermidade mental. A súa misión principal é axudar ás persoas con enfermidade mental e ós seus familiares a mellorar a súa calidade de vida. Actualmente está integrada por 14 asociacións presentes en 30 localidades galegas.

Dende o comezo, FEAFES Galicia asumiu como un dos seus obxectivos o desenvolvemento de accións e medidas que fomenten a incorporación do colectivo de persoas con enfermidade mental ó mundo laboral. No ano 2002 púxose en marcha o Observatorio de Emprego de Persoas con Enfermidade Mental (OEDEM), pioneiro na comunidade autónoma galega.

O Observatorio é Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego e ofrece servizos de información, orientación, formación, intermediación laboral e apoio para o mantemento do posto de traballo. FEAFES Galicia conta con profesionais especializados en orientación laboral e en saúde mental para dar resposta ás necesidades específicas do colectivo no seu proceso de inserción laboral.

No 2013, FEAFES Galicia recibiu do Servizo Público de Emprego a certificación oficial que acredita á entidade como Axencia de Colocación co nº 1200000022. Esta acreditación permite articular a iniciativa pública e privada para potenciar a inclusión laboral das persoas con discapacidade por enfermidade mental. Trátase dun paso máis no camiño cara a consecución dunha inserción laboral cada vez maior e mellor deste colectivo, ademais de ser un recoñecemento á calidade e transparencia da xestión de FEAFES Galicia en materia de inserción laboral.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s