Aviso legal

USO E TRATAMENTO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal (en diante LOPD), FEAFES GALICIA infórmalle que os datos de carácter persoal proporcionados a través do website, así como os que puidese facilitar no futuro no marco da súa relación xurídica con esta entidade, serán incorporados nos ficheiros automatizados e non automatizados titularidade de FEAFES GALICIA. Estes ficheiros teñen a finalidade de xestionar, administrar, prestarlle os servizos ou facilitarlle os produtos que solicite, facilitar o cumprimento e execución dos contratos que puidese asinar, coñecer mellor os seus gustos e adecuar os servizos ás súas preferencias, así como poder ofrecerlle novos servizos ou produtos e enviar información administrativa, técnica, organizativa e/ou comercial de forma documental e/ou electrónica relacionada coas actividades da Axencia de Colocación de FEAFES GALICIA. Os destinatarios da información recollida serán exclusivamente os propios empregados de FEAFES GALICIA. Salvo nos campos en que expresamente se determine o contrario por medio dun asterisco (*), as respostas ás preguntas sobre datos persoais son voluntarias, sen que a falta de contestación ás devanditas preguntas implique unha mingua na calidade dos servizos que vostede solicita. A falta de cumprimentación dos campos determinados como obrigatorios ou a subministración de datos incorrectos imposibilitará que a Axencia de Colocación de FEAFES GALICIA poida prestarlle os servizos ou lle facilite os produtos que solicite.

EXERCICIO DE DEREITOS: ACCESO, RECTIFICACIÓN, CANCELACIÓN E OPOSICIÓN

Aquelas persoas físicas que faciliten os seus datos á Axencia de Colocación de FEAFES GALICIA poderán dirixirse á entidade, na súa calidade de Responsable do ficheiro, coa fin de poder exercitar gratuitamente os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto dos datos incorporados nos seus ficheiros. Dado o carácter confidencial da información, vostede non poderá exercitar os seus dereitos telefonicamente, débese solicitar por calquera medio que deixe constancia do seu envío e da súa recepción e remitir copia do seu DNI ou documento equivalente. O interesado poderá exercitar os seus dereitos mediante comunicación por escrito dirixida a FEAFES GALICIA na dirección indicada no contacto.

MEDIDAS DE SEGURIDADE FEAFES GALICIA

Informámoslle que ten implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, perda e tratamento e/ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural. Todo iso, de conformidade co previsto no artigo 9 da LOPD e no Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. Así, FEAFES GALICIA estableceu medidas adicionais en orde a reforzar a confidencialidade e integridade da información na organización. Non obstante, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables. FEAFES GALICIA continuamente mantén a supervisión, control e avaliación dos procesos para asegurar o respecto á privacidade dos datos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s