Coñécenos

En novembro do 2013, FEAFES Galicia recibiu do Servizo Público de Emprego a certificación oficial que acredita á entidade como Axencia de Colocación. Esta acreditación permite articular a iniciativa pública e privada para potenciar a inclusión laboral das persoas con discapacidade por enfermidade mental.

Trátase dun paso máis no camiño cara a consecución dunha inserción laboral cada vez maior e mellor deste colectivo, ademais de ser un recoñecemento á experiencia, calidade e transparencia da xestión de FEAFES Galicia en materia de inserción laboral.

Advertisements